Skip to main content
Lugo

Hoxe dan comezo os concertos de agosto do ciclo ‘Muralleando’

Por 11 Agosto, 2023Agosto 12th, 2023Sin comentarios

A cuarta edición do ciclo de concertos Muralleando achega un ano mái á Praza da Mosqueira a distintas agrupacións musicais de Lugo. En total, 20 agrupacións pasarán este verán por este escenario onde amosarán a súa música con concertos gratuítos que terán lugar os venres e sábados, a partir das 20.30 ata o 2 de setembro.

Esta noite será a quenda de Beach Avenue xunto a The Foolans e Jade4 que dan comezo as concertos do mes de agosto para continuar o sábado con grupo de música tradicional Airiños da Freba.

Estes concertos naceron no ano 2020, tras o confinamento, co obxectivo de animar con música os distintos paseos das veciñas e veciños ao redor da Ronda da Muralla e ao mesmo tempo colaborando co tecido cultural local.

Tres anos despois xa está consolidado como unha das actividades culturais máis importantes para os meses de verán, converténdose nun importante escaparate para as agrupacións locais.