Skip to main content
Lugo

O CB Breogán comezará os partidos de pretempada a finais de agosto

Por 16 Agosto, 2023Sin comentarios

O equipo celeste xa ten datas de enfrontamentos de preparación para a vindeira tempada que darán comezo o 30 de agosto ás 19.00 horas en Ribadeo cun encontro contra o FC Porto. 

Os partido continuarán o 2 e 3 de setembro onde o equipo celeste se trasladará a Pontevedra para disputar o torneo EncestaRías onde participarán os equipo Monbus Obradoiro, SL Benfica, Unicaja de Málaga e o Río Breogán. 

Neste torneo o Breogán xogará o sábado día 2 conta o Benfica ás 18.00 e o domingo en caso de vitoria a final será ás 20.15 e se perde xogarase o 3º e 4º posto ás 18.00.

O 10 de setembro xogará un partido de presentación ás 18.00 ante o Valencia Basket no Pazo dos Deportes. 

Para rematar antes de comezar a tempada os celestes participarán na Copa Galicia que este ano se disputa en Lugo os días 15 e 17 de setembro. 

Nesta competición participarán Monbus Obradoiro e Leyma Coruña que se enfrontaran o venres xunto con Río Breogán e Club Ourense Baloncesto que tamén disputarán un partido o día 15. 

A final terá lugar o 17 de setembro entre os dous equipos vencedores dos dous partidos xogados o venres.