Skip to main content
Lugo

O PP volve denunciar que os paneis interactivos dos museos non funcionan

Por 16 Agosto, 2023Sin comentarios

O Partido Popular volve denunciar que “os paneis táctiles da rede de museos municipais seguen sen funcionar” e que “a maioría das máquinas están avariadas e locen o cartel de fóra de servizo”. 

“Esta situación xa se denunciou en numerosas ocasións, pero ao goberno local segue sen importarlle” declaran os populares que lamentan “a falta de traballo e interese por arranxar estes elementos interactivos que provoca que os turistas marchen da cidade sen poder acceder a todos os contidos destes museos que presentan o patrimonio da cidade” declaran os populares.

Dende o Grupo Municipal Popular lamentan “as constantes escusas” xa que nun primeiro momento se asegurou que “as pantallas non funcionaban xa que estaban desconectadas por cuestións sanitarias derivadas da covid e agora vemos que ou están avariadas ou obsoletas”.