Skip to main content
Lugo

O PP propón a recuperación da Fábrica da Luz para a produción de enerxía

Por 18 Agosto, 2023Sin comentarios

O Grupo Municipal Popular pide explicacións sobre “o que ten pensado facer o Concello de Lugo coas turbinas da Fábrica da Luz que tiveron un custe de máis de 700.000 euros” e propón “recuperar a concesión para a súa explotación e producción de enerxía eléctrica de forma que se impulse un verdadeiro proxecto sostible”. 

Antonio Ameijide explica que “aparte dunha cafetería moi cara, non se sabe que ten pensado facer o bigoberno municipal coa Fábrica da Luz”.

O popular lembra que o Concello “está a perder aínda máis cartos ao ter que pagar o alugueiro dunha nave no Corgo por un valor de 1.694 euros mensuais para o almacenamento das turbinas”; ademais de que “estas máquinas están perdendo valor, chegando a ser case residual porque se trata de elementos fabricados a medida con características técnicas concretas” afirma dende o PP. 

Ameijide defende que a iniciativa do PP para recuperar a Fábrica da Luz permitiría “reducir a factura eléctrica municipal” ao mesmo tempo que “pon en valor un inmoble municipal aproveitando, ademais, as turbinas das que xa dispón o Concello e mesmo sería compatible coa proposta da alcaldesa de facer unha cafetería”