Skip to main content
Lugo

Dan comezo os traballos de renovación da avenida das Américas

Por 21 Agosto, 2023Agosto 22nd, 2023Sin comentarios

Os traballos no novo asfaltado na avenida das Américas dará comezo hoxe segundo infroma o tenente alcalde Rubén Arrox que explicou que “o obxectivo é que esta renovación se complete durante este mesmo mes”. Intervirase no treito da avenida das Américas que vai dende a rúa Pomar ata a Fonte dos Ranchos, garantindo o bo estado dunha das rúas de Lugo que máis tráfico acollen.

O tenente alcalde afirmou que esta actuación da continuidade ao traballo realizado no pasado ano. “Comezamos coa renovación da parte final da rúa, o que comunica coa N-540, e con esta nova intervención cumprimos co obxectivo de renovar esta rúa por completo”.

“Para reducir as molestias ocasionadas pola corte do tráfico na Avenida das Américas durante uns 6 días” explicou Rubén Arroxo. Dende o Concello de Lugo contempláronse cambios nos tránsitos usuais do tráfico rodado, incluíndo a incidencia e cambios nas liñas e paradas de autobuses urbanos afectadas, tratando de reducir ao máximo as molestias á veciñanza.

Nunha primeira fase, correspondente ao corte da avenida das Américas dende a Praza Fonte dos Ranchos ata a glorieta da Rúa Pomar, a saída da cidade distribuirase por dúas alternativas. A primeira delas, corresponderase ao itinerario Rolda do Carme dende a Praza Fonte dos Ranchos – Marqués de Ombreiro – Rúa Alcalde Carlos V. Pimentel e glorieta da Avenida das Américas. A segunda, comezará na Praza Fonte dos Ranchos – rúa Doutor Ochoa – Rúa da Saúde e Rúa Pomar, na que se mudará o sentido da circulación.

Estes cambios, afectarán ás liñas 5DS, 5.1, 5E, 5.2, 8 e 11 que, logo de superar os tramos provisionais con parada nas rúas indicadas, se incorporarán de novo cumprindo o recorrido habitual.

A entrada á cidade pola Avenida das Américas tamén se verá afectada. Dende a glorieta de confluencia con Rúa Pomar ata a Praza Fonte dos Ranchos, a entrada a Lugo dirixirase pola Rúa Pomar – Rúa da Saúde – Rúa Río Ulla – Rúa Azalea e Rolda do Carme, con cambio de sentido.