Skip to main content
Lugo

A Semana de Cine de Lugo presenta o seu cartel

Por 21 Agosto, 2023Setembro 12th, 2023Sin comentarios

A XLV Semana de Cine de Lugo xa ten data de celebración e será do 18 ao 23 de setembro. O cartel é unha foto de agosto de 1914, da rodaxe en Lugo do cineasta José Gil, desde un automóbil que circulaba polo adarve da Muralla lucense.

O cartel vai ser distribuido pola capital lucense e por toda Galicia en próximas datas para empezar a dar a coñecer a próxima edición da festa cinematográfica, no seu habitual calendario da segunda quincena do mes de setembro.

Esta actividade está organizada polo Grupo Fonmiñá en colaboración coa Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e UNED-Lugo.