Skip to main content
Lugo

O PP reclama redutores de velocidade nunha vía de Pena da Mula

Por 21 Agosto, 2023Sin comentarios

O vicevocerio do Grupo Popular no Concello de Lugo Enrique Rozas solicitou que se coloquen redutores de velocidad nunha vía de Pena da Mula.

Consider o popular que a instalación deste elemento mellorará a seguridade vial da zona dando resposta a unha demanda veciñal.

O vicevocerio popular responsable de tráfico, acompañado polo edil Gustavo Díaz, visitaron a zona e coñeceron de primeira man a situación da vía.

A veciñanza explicoulles os vehículos ao ser unha zona con pendente circulan a altas velocidades indicando que como non hai beirarrúas hai un risco importante para os residentes con situacións de risco que se minimizarían colocando os reductores de velocidade.

As persoas que residen nas vivendas unifamiliares desta zona consideran que “as súas peticións deben ter unha resposta similar ás que fan outros cidadáns no casco urbano”.