Skip to main content
Lugo

O PP considera insuficiente o investimento para mellorar a servizo de augas

Por 22 Agosto, 2023Sin comentarios

Os populares avisan de que en 2 meses caduca o contrato da empresa que responsable de reparar as fugas de auga polas noites, en fins de semana e festivos e temen que esta adxudicación provisional do servizo, que antes realizaba unha brigada municipal, acabe noutra nova privatización permanente destes traballos.

O PP considera “insuficiente” o investimento feito nos últimos anos polo bipartito para garantir un bo servizo de abastecemento de auga.

O Partido Popular desvela que “no mes de novembro caduca o contrato coa empresa á que o goberno bipartito lle adxudicou, en outubro de 2020, a reparación das incidencias que se detecten nas canalizacións de distribución da auga potable polas noites , en fins de semana e festivos”.

Os populares preguntan a PSOE e BNG se van dar continuidade a este modelo “que se presentou como provisional” e temen que “unha medida improvisada, que se xustificou para un breve espazo de tempo, poida converterse en permanente”.

A advertencia dos populares invita a reflexionar sobre como ten previsto, o bipartito de Lugo, encamiñar esta prestación “descoñecemos se a súa intención é cubrir vacantes como pedimos recuperando a brigada municipal ou se van a sacar un novo contrato cunhas condicións que se adapten á realidade de Lugo”.

PROPOSTA

A proposta do PP é reforzar co persoal necesario a brigada municipal de auga “por un lado sería máis económico que externalizar o servizo e, por outro lado, garantiría unha maior eficacia nas reparacións das fugas xa que na práctica, hoxe por hoxe, ainda que haxa o servizo de 24 horas unha alta porcentaxe das incidencias as acaba solucionando a brigada municipal.

Os populares lamentan que a veciñanza teña que sufrir as consecuencias das malas decisións de socialistas e nacionalistas xa que os retrasos na maior parte das reparacións son por falta de medios (a empresa carece da maquinaria e dos recambios que se precisan) así como polas dificultades á hora de localizar as fugas.

“Esta situación é froito do desmantelamento paulatino dun servizo municipal que funcionaba e daba unha prestación óptima á veciñanza”.

“Resulta paradóxico o discurso do progresismo do bipartito cando en Lugo se dedica a privatizar de forma inxustificada” engadindo que “Méndez e Arroxo prefiren esta fórmula para asacar adiante os traballos extraordinarios antes que reorganizar o servizo municipal e pagar horas extra a actual plantilla”.

INVESTIMENTO RENOVACIÓN TUBAXES

Os populares tamén aproveitaron para pedir que o bipartito dé exemplo e que “ao igual que nos pide á cidadanía un esforzo para aforrar auga neste momento de sequía debería facer un investimento ambicioso nas tubaxes para mellorar o servizo e rebaixar as incidencias de fugas de auga”

“O millón de euros do que presumiu a alcaldesa que gastou en oito anos para renovación das canalizacións de auga potable resulta unha cifra moi humilde se temos en conta que para o grupo da Paz destina 600.000 € os restantes 400.000 € teríamos que dividilos en 8 anualidades”
Dende o PP lembran como o subministro de auga potable é un servizo de competencia exclusiva dos concellos, que deben prestar obrigatoriamente nos domicilios situados en zonas urbanizadas a todos os inmoebles construidos legalmente