Skip to main content
Lugo

Preséntase en Lugo unha nova cervexa cunha festa

Por 30 Agosto, 2023Setembro 6th, 2023Sin comentarios

O vindeiro 2 e 3 de setembro chega á rúa do Camiño Real de Lugo a Viesca de reflexión, onde artistas galegos e asturianos exploran as diferentes relacións e vínculos coa contorna, co rural e a natureza. Nesta ocasión para a presentación da cervexa La Prestosa.

O sábado dará comezo o día ás 12.00 horas coa presentación da cervexa asturiana. Esta exposición chegará ao seu fin ás 20.00 horas.

O domingo, ás 12.30 horas, haberá unha sesión vermú a cargo do grupo Unha presa de herba. Unha presa de sal, integrado pola música de Alberto Ovejero e as verbas de Teresa Larios e Sergio Marey.

Todas as actividades estarán acompañadas dunha cata de cervexa durante todo o día.

A entrada á actuación pagarase mediante taquilla invertida.