Skip to main content
Lugo

A fibra óptica xa está dispoñible en Cima de Vila, en Lugo, con Adamo

Por 25 Agosto, 2023Sin comentarios

Despregar fibra óptica non sempre é unha tarefa sinxela. De feito, resulta habitual que xurdan dificultades técnicas, obstáculos no terreo e ata problemas administrativos. En circunstancias así, as empresas que despregan a infraestrutura ven recortado a súa marxe de manobra e os principais afectados, por suposto, son os cidadáns que carecen desa tecnoloxía e están a desexar gozar dela. Era o caso de Cima de Vila, aldea pertencente a Pedreda, no ámbito rural do concello de Lugo.

Pois ben, o momento de que a conexión a Internet de alta velocidade se active nesta pequena entidade de poboación chegou. Desta maneira, Cima de Vila xa ten dispoñible esa tecnoloxía da man de Adamo. Tras as activacións nos primeiros fogares esta mesma semana, a previsión da compañía é completar o proceso de cableado en outubro.

David Llano, responsable de Adamo en Galicia, comprometeuse expresamente coa asociación de veciños a mediados de xullo a que a fibra óptica fose unha realidade en Cima de Vila e así foi, así é, tal e como pode comprobarse hoxe.

“Conseguimos adiantar os traballos desde o punto no que quedaron parados, co esforzo dos nosos técnicos, para acurtar os prazos ao máximo. Desde Adamo, comprometémosnos publicamente a que os habitantes de Cima de Vila tivesen fibra óptica e xa é un feito”, concluíu.

Adamo chegará a 100.000 fogares da provincia

Cabe lembrar que Cima de Vila forma parte de todo un plan de expansión da empresa, que acumula máis de 70.000 vivendas cableadas en 35 concellos lucenses desde mediados de 2018. Para sufragar tales actuacións, a compañía investiu 20 millóns de euros e contratou a 300 traballadores locais en enxeñería, despregamento, mantemento e comercialización. A pesar destes enormes avances, o crecemento prosegue, xa que o operador levará Internet de alta velocidade a 33.000 fogares rurais de Lugo entre 2023 e 2024 para sumar máis de 100.000 inmobles conectados á súa rede de alta velocidade no conxunto da provincia.