Skip to main content
Lugo

O Concello explica ao PP que tiveron que aumentar o contrato para reparar o Auditorio

Por 25 Agosto, 2023Sin comentarios

O Concello de Lugo saíu ao paso das acusacións realizadas polo Partido Popular con relación á data de apertura do novo Auditorio.

Responsables municipais sinalaron que o pasado 26 de xullo aprobouse unha modificación do contrato para corrixir as patoloxías que presentaba a construción xa que durante o desenvolvemento do mesmo atopáronse nova deficiencias estruturais que afloraron no transcurso do arranxo das que xa estaban previstas.

Ese contrato ten un importe de 27.715 euros (“que cómpre engadir aos 287.955 euros nos que estaba licitado inicialmente”, din) e contempla un prazo de execución para as mesmas de tres meses; “polo que a apertura do recinto virá determinada pola aparición deses novos danos que xurdiron posteriormente e dos que o Concello foi dando conta publicamente de xeito permanente e informando con transparencia á poboación do proceso que se está a seguir en todo momento para acondicionar a nova dotación cultural co fin de poder abrila con garantías de seguridade para as persoas usuarias, que é a súa máxima preocupación en base á xestión responsable que realiza”, dixeron.

Consulta a noticia publicada no mes de novembro: O Concello adxudica obras de reparación no Auditorio de Magoi