Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo pide que se active o sistema de recirculación da auga de 2011

Por 29 Agosto, 2023Sin comentarios

O PP de Lugo lanzou unha proposta ao Concello, na que propón activar o sistema de recirculación da auga que se construiu en 2011.

Os populares lamentan que o goberno local impoña medidas de restricción de auga cando teñen nas súas mans unha solución exemplar “coa que se regularía o uso da auga potable para consumo humano, deixando a auga depurada para outros fins como a rega ou o baldeo das rúas”.

Ameijide afirma que renunciar a este sistema contradice o argumentario recurrente do equipo de goberno de que son os máximos defensores da sostenibilidade xa que “están renunciando a un sistema punteiro que ten a súa disposición dende hai 12 anos”
“É unha mágoa que non utilicen esta rede que evitaría gastar auga potable para os usos de limpeza diaria, rega … porque empregaría auga reciclada” engadindo que “utilizar esta infraestrutura beneficiaría ao medio ambiente e ao ecosistema fluvial de Lugo garantido a vida das especies do Miño e, por riba, non se derrocharía nin un só litro de auga potable evitando esquilmar innecesariamente o caudal do Miño”.

FUNCIONAMENTO

Os populares lembran como en Lugo se construíu no ano 2011 unha rede de auga reciclada pensada para manter o caudal ecolóxico do Miño que nunca se puxo en funcionamento.

A rede de recirculación da agua reciclada comeza en Conturiz, cando se devolve a auga depurada (non potable) ao río e dende alí se construiu unha tubería que canaliza esta auga reciclada ata augas abaixo da potabilizadora de Meilán.

Tamén se fixo outra tubería para levar a auga ata un depósito de Garabolos para que se puidese utilizar para os baldeos ou para regar así como outra canalización máis que chegaba ata o CEAO para que pudiesen usar a auga reciclada empresas con grandes consumos.