Skip to main content
Lugo

Volve o Xadrez Xigante ás rúas de Lugo

Por 31 Agosto, 2023Sin comentarios

En vista do éxito obtido nos anteriores programas, a Concellería de Educación e a colaboración da Asociación Cultural Xaquedrum, Vicepresidencia Área Deportes Deputación de Lugo e Deporte Galego levan a cabo o programa Xadrez na Rúa á praza do Castiñeiro co fin de dar alternativas de deportivas en espazos públicos.

O obxectivo desta actividade é a promoción do deporte e facilitar a conciliación laboral e familiar dos e das lucenses.

A actividade terá lugar do 4 ao 29 de setembro e de luns a venres entre as 18.00 e as 20.00 horas. En caso de choiva ou mal tempo non se levará a cabo.

Instalarase un xadrez xigante e varios xadreces convencionais. Desta forma os que queiran poderán xogar ao xadrez, e os que non saiban poderán aprender a xogar ao xadrez na praza.