Skip to main content
Portomarín

Portomarín abre a inscrición do programa de conciliación

Por 24 Agosto, 2023Sin comentarios

O concello de Portomarín, como todos os anos, pon a disposicións das familias distintos servizos dirixidos á poboación infantil e xuvenil, de entre 3 e 16 anos de idade que estén matriculados no CEIP Virxe da Luz ou, no seu defecto, empadroados en Portomarín. Estas actividades, baixo o título Portomarín Concilia, fanse co obxectivo de promover e facilitar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar da veciñanza do municipio.

Este programa comprende os servizos de Actividades Extraescolares, Escolas Deportivas, Tardes Lúdicas e Madruga. Hai un número de prazas ofertadas que varían en función do tipo de servizo, as cales, deben estas cubertas a metade para que se leven a cabo ou, alomenos, un terzo do grupo.

Para poder acceder ás solicitudes hai que acudir á web municipal . Estas solicitudes deberán ser cursadas pola persoa responsable do menor e deberán marcarse os días elexidos para cada servizo. O prazo para inscribirse estará aberto ata o 5 de setembro. Tanto o prezo como os horarios varían en función do tipo de servizo.