Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

A Deputación aproba as axudas para clubs e entidades deportivas

Por 6 Agosto, 2023Sin comentarios

A Xunta de Goberno aprobou este venres a resolución provisional da concesión de subvencións de concorrencia competitiva a clubs e entidades deportivas da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a principal liña de investimento da área de Deportes cun importe de 600.000 euros, un 20 por cento máis que o ano pasado.

O incremento da contía tradúcese no crecemento das entidades beneficiarias: concédense 267 axudas para actividade competitiva -fronte ás 225 do ano 2022- e 64 para a organización de eventos -fronte ás 56 de 2022-.

O vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Deportes Efrén Castro explicou que “apostamos por reforzar esta liña de subvencións conscientes de que é o principal apoio económico que teñen moitos clubs, maioritariamente clubs de base, para desenvolver a súa actividade ao longo do ano, un traballo que entendemos fundamental para facilitar o acceso ao deporte en todo o territorio”.

Na resolución das axudas, que se publicará a vindeira semana no Boletín Oficial da Provincia coa listaxe das enteidades beneficiarias, tivéronse en conta os criterios fixados nas bases da convocatoria como o rendemento ou a incidencia social do club, o fomento da igualdade e a integración ou a localizacion, primándose aos de concellos con menos de mil habitantes.