Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXADeportes SARRIAXA

Entre o 5 e o 11 de setembro a provincia de Lugo acolle o Rally Turístico Terras do Incio

Por 28 Agosto, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

O Rally Turístico Terras do Incio volve este ano entre o 5 e o 11 de setembro para que os participantes, tanto nacionais como internacionais e amantes do motor, poidan gozar de incribles rutas culturais e gastronómicas por Terras Galegas e especialmente pola provincia de Lugo.

Así, vehículos con historia de marcas como Mercedes, Aston Martin, Masserati, Ferrari, Xaguar… engalarán as estradas e pobos lucenses durante unha semana e que descubrirán o encanto desta bela terra.

A iniciativa comezará o martes 5 de setembro no Concello de Sober, onde terá lugar a saída, percorrendo a Ribeira Sacra, con parada en Castro Caldelas e visita ao Museo do Ferrocarril de Monforte de Lemos.

O xoves serán as Terras do Incio as que capten as miradas de admiración dos participantes, onde tivo a súa orixe este prestixioso Rally Turístico, bordeando a serra do Caurel, gozando do Valle do Mao e retomando forzas cunha comida campestre con Pulpeira e Caldo Gallego, na fabulosa contorna do Pantano de Vilasouto.

Os seguintes días, o rally parará en Arteixo, no Museo de Automoción e Historia (MAHI) e, de aí, partirá cara a Ribadeo, onde quedará durante tres días, con visitas ao seu centro histórico, Praia das Catedrais, Capela das Virtudes, Casas Indianas e arredores.

O sábado, 9 de setembro, o rally irá ata Asturias, chegando a Cudillero e a Luarca, e o domingo irán cara A Pontenova, Taramundi e os Teixois, terminando a fin de semana cunha festa Indiana no Parador de Ribadeo. O último día, o luns 11, os participantes despídense do evento cun percorrido polo Monte de Santa Cruz e logo unha visita especial á Fábrica de cerámica de Sargadelos.