Skip to main content
Chantada

Fágase xustiza con Silverio Pastor foi considerado o mellor carro tradicional do Folión de Carros de Chantada

O desfile do Folión de Carros de Chantada deixou varios premios aos distintos participantes que estiveron expostos durante todo o día de onte e ata que tivo lugar o desfile, no que catorce carros percorreron a Avenida Ourense ata a Praza de Galicia a través das rúas Mariano Cedrón e Avenida de Monforte.

Así, durante a tarde houbo xogos tradicionais para a cativada, un gran ambiente carroceiro nas rúas da vila e o pregón de Manuel Vilar Álvarez, director do Museo do Pobo Galego; pero o máis espectacular foi o desfile do folión de carros.

Dos participantes, que foron A recolleita do millo, O lavadeiro do Chouso, A casa do xastre, Entre fragueiros e ferreiros, Tecendo melodías, Petando na casa do Berzas, Os licores do rosquilleiro, O oficio dos contacontos, A casa dun oleiro, Na casa do xerreiro, A serra de Sobreira, Na feira, novos e vellos, recuncan nos pendellos; Fágase xustiza con Silverio Pastor e O tapadillo das pelexas; Fágase xustiza con Silverio Pastor foi considerado o mellor carro tradicional.

Pola súa parte, A casa dun oleiro foi premiado como Mellor trato animal, Na feira, novos e vellos, recuncan nos pendellos foi recoñecido como Mellor elegancia da xugada, Entre fragueiros e ferreiros obtivo o de Mellor manexo da xugada, A recolleita do millo conseguiu o de Mellor vaca ou boi e a Mellor xugada, e Na casa do xerreiro acadou Mellor memoria explicativa.