Skip to main content
Folgoso do Courel

Caurel Vivo demanda que se cubran os servizos sanitarios no Courel

Por 22 Agosto, 2023Sin comentarios

Desde a agrupación Caurel Vivo denuncian que o Sergas non cubre as vacacións, ausencias e baixas dos profesionais sanitarios que traballan no Concello de Folgoso do Courel, un municipio “disperso e con veciñanza maior e sen coche” que ten o Centro de Saúde a vinte minutos, pero cando falta un facultativo, “os veciños e veciñas temos que desprazarnos ata 40 minutos”, explican.

Destacan que o problema vén cando unha persoa chega ao Centro de Saúde e non hai médico, “mais o Sergas o que fai é non dar citas eses días ou, como moito, facer que persoal dun centro teña que desprazarse a outro centro”.

Por outra parte, lembran que a conselleira de Sanidade asegurou que este ano “habería persoal de sobra para cubrir as vacacións estivais”, pero no Courel “non se está a cumprir”.

Esixencias de Caurel Vivo

Así, desde Caurel Vivo demandan que se cubran os servizos sanitarios necesarios nas zonas máis alonxadas dos hospitais de referencia, “onde só hai un médico e enfermeiro por Centro de Saúde, e se falta un supón que os seus pacientes queden desatendidos”.

Por outra parte, solicitan que desde a Corporación Municipal se solicite en conxunto, servizos sanitarios cubertos e dignos para o Courel, tamén en vacacións e libranzas e que se lle solicite á conselleira de Sanidade e Dirección de Primaria en Lugo que se prioricen as zonas máis alonxadas dos Hospitais de referencia para cubrir, cando falten profesionais do Centro de Saúde.