Skip to main content
A Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón restrinxe o uso da auga só para uso doméstico

Por 8 Agosto, 2023Sin comentarios

O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Luís Maceda, vén de comunicar que, por mor da época estival e ante a previsión de escaseza de auga pola sexa, queda prohibido o uso da auga procedente da subministración municipal para o rego de hortas e xardíns, encher piscinas particulares ou elementos similares e o lavado de vehículos, fachadas e baleo de patios ou airas.

Así, establece os usos que si se lle pode dar á auga, que é só para uso doméstico, xa sexa limpar os pratos despois da comida, lavar as mans, ducharse, e todos eses usos domésticos que non empregan demasiados litros de auga.

Ademais, desde o Concello controlaranse os consumos en edificios e instalacións municipais, espazos públicos en xeral e vixiaranse as perdas na rede de abastecemento.

Por último, desde o goberno local recomendan aos veciños que “realicen o máximo esforzo para o aforro da auga” e lembran que os núcleos que contan con abastecemento propio tamén terán problemas coa auga de non aceptar esta recomendación, “xa que a seca afecta a todos por igual, polo que é fundamental un uso responsable dun ben tan prezado e escaso”.