Skip to main content
A Pobra do Brollón

Xa está aberto o prazo para inscribirse en actividades para adultos da Pobra do Brollón

O Concello de Pobra do Brollón abre o prazo de inscrición para matricularse nas actividades para adultos do curso 2023/24 de ximnasia, ioga, pilates, zumba, baile de salón e manualidades ata mércores 30 de agosto.

A matrícula debe realizarse de xeito presencial na Biblioteca municipal ou nas oficinas de Servizos Sociais en horario de 9.00 a 14.00 co obxectivo de facilitar tanto aos veciños e veciñas da Pobra do Brollón como aos funcionarios a inscrición das persoas interesadas.

Debido a unha cuestión técnica que indican desde o goberno local, o pago deberase realizar en efectivo e non por domiciliación, e o pago realizarase trimestralmente, presentando a cantidade do primeiro trimestre no momento de realizar a matrícula.