Skip to main content
A Pobra do Brollón

Salcedo acollerá unha nova actividade de Foliadas Guímaras co concerto de De Ninghures

Por 26 Agosto, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

O vindeiro mércores, 30 de agosto, terá lugar unha nova iniciativa de Foliadas Guímaras en Salcedo, A Pobra do Brollón, a partir das 20.30 horas, concretamente diante do local multiusos.

Estas foliadas virán acompañadas da actuación de De Ninghures, un grupo composto por sete músicos, Aldara Palmeiro, Hadrián García, Marta Álvarez, Manuel Lucas, Manuel Fernández, Adrián Méndez e Tomé Mouriño, que farán desfrutar ás persoas asistentes tocando xuntos as músicas de raíz cunha grande variedade de instrumentos: viola caipira, bongos, frauta traveseira, violín, bombo, ukelele, acordeón, pandeireta, clarinete, gaita, guitarras, pandeiro, cabás…

Esta actividade, ademais da música, contará cunha representación da tradición guímara, xa que esta actividade ten como obxectivo amosar aos distintos veciños das parroquias da Pobra do Brollón o pasado guímaro, que desde o Concello queren recuperar.

A intención do goberno local ao comezar con estas actividades foi a de organizar unha foliada guímara cada mes para dar saída tamén ao alumnado da Escola de Música e descentralizar a actividade cultural, que se centra na Pobra, para chegar a todas as parroquias do municipio.