Skip to main content
Quiroga

A III Feira de Artesanía e Produtos Locais de Quiroga terá lugar o domingo

Por 24 Agosto, 2023Agosto 28th, 2023Sin comentarios

Este domingo, 27 de agosto, terá lugar a III Feira de Artesanía e Produtos Locais de Quiroga, coincidindo coa Feira de Mercado, da man dos organizadores da Asociación de Artesáns galegos ‘Tarabelada’, da que forman parte varios emprendedores locais.

A iniciativa consiste nun mercado de artesanía e produtos locais de Quiroga no que diversos veciños e veciñas da comarca porán en exposición as súas producións propias para o desfrute dos demais cidadáns e tamén visitantes de fóra.

Dado o éxito dos dous anos anteriores, a Asociación decidiu continuar colaborando na organización de novos mercados nos que se poderá atopar todo tipo de produtos alimenticios e artesáns da nosa comarca, moitos deles amparados baixo o selo Artesanía de Galicia.