Skip to main content
Quiroga

Quiroga acolle o I Festival de Música Tradicional das Augas Mestas o domingo

Por 26 Agosto, 2023Agosto 27th, 2023Sin comentarios

O I Festival de Música Tradicional das Augas Mestas celebrarase este domingo en Quiroga, un encontro de música tradicional organizado polo Concello de Quiroga en colaboración co Director da Real Banda de Gaitas de Ourense, Xosé Luís Foxo.

Nesta evento terán cabida diferentes estilos musicais, instrumentos e artistas que actuarán na Praza da Rúa Lago e a Rúa Real como escenario idóneo para acoller as cinco actuacións que completan o cartel da primeira edición deste festival.

Ás oito menos cuarto, a Banda de Gaitas San Martiño de Quiroga será a encargada de abrir o festival, para darlle paso o grupo de gaitas local, O Recanto, que comezará coa súa actuación a partir das 20.00 horas.

Quince minutos despois, ás 20.15 horas, Músicas da Bretaña Francesa, con Michel Jammet tocando a bombarda, instrumento de vento de madeira utilizado para tocar música tradicional bretona, e que estará acompañado de Louis Aberrall coa gaita bretona.

Xa ás 20.30 horas actuará o Grupo Folk de Ribas de Sil e as 21.00 horas será a quenda do cantante galego Roi Casal, que porá o punto final a un evento único e primeirizo no que haberá música durante todo o día.