Skip to main content
Quiroga

A Aula Cemit de Quiroga acolle un obradoiro creativo e interxeracional para a capacitación dixital

Por 27 Agosto, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

O Colexio Profesional de Enxeñería en Información de Galicia, no marco do convenio de colaboración coa Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia, organiza unha actividade na aula Cemit de Quiroga o 7 de setembro.

Este obradoiro consiste nun obradoiro creativo sobre o equipamento disruptivo para a capacitación dixital da cidadanía e estará dirixido tanto a maiores como a pequenos, formando aula interxeracional para a inclusión dixital.

O obxetivo do curso é para perderlle o medo as novas tecnoloxías e poidamos entender o máis importante delas, por iso no só esta dirixido os máis novos se non que está enfocado na xente maior, na que os formadores se ocuparán de xeito personalizado para que se entenda todo o que se explica.

No obradoiro creativo trataranse temas como o uso de drons, impresión 3d, robótica e gafas de realidade virtual en horario de dez da mañá ás dúas do mediodía.

Dado que hai prazas limitadas, as persoas interesadas en participar deste obradoiro deben de anotarse canto antes, a través do teléfono 982 43. 51 .25 ou na Casa da Cultura persoalmente.