Skip to main content
Quiroga

O I Torneo Ribeira Sacra de mus terá lugar en Quiroga o 2 de setembro

Por 27 Agosto, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

O vindeiro 2 de setembro terá lugar o I Torneo Ribeira Sacra, no que os participantes competirán no primeiro torneo de mus organizado en Quiroga.

As persoas interesadas en participar desta actividade, que conta coa colaboración do Concello de Quiroga, poderán facelo anotándose a través da páxina web de mustotal.com.

Os premios serán a participación no Campionato de España de Mus Ponferrada 2024, ter praza no Campionato Galego de Mus Ourense 2024 e produtos locais do municipio de Quiroga.