Skip to main content
Sober

Obradoiros e outras actividades caracterizan a Feira de Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra

Por 20 Agosto, 2023Sin comentarios

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou a terceira edición de Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra, un evento de comercialización directa e de divulgación dos oficios artesanais impulsado pola Xunta no Santuario de Nosa Señora de Cadeiras (Sober).

Durante a súa visita, Fabeiro animou a apostar pola creatividade e pola calidade dos produtos feitos á man polos profesionais que forman parte da marca Artesanía de Galicia.

19 profesionais representan nove oficios diferentes: a madeira, a cerámica, a olería tradicional, os xoguetes, a bixutería, a marroquinería, a elaboración de roupa, os complementos de moda e a xoiería. No programa de actividades inclúense tres talleres abertos e gratuítos para todos os públicos sobre o tecido de tapices, a cerámica ou a cestería, ademais dunha sesión vermú a cargo do grupo De Vacas a partir das 13:00 horas.

Os obradoiros que participan como expositores son Arobe Cerámica (A Coruña); os obradoiros de Ourense Bangus e María Aba; os de Quiroga Armaior e Enxógate; Blaurtopías (Vigo); Ceniza de Papel (O Corgo); os obradoiros de olería tradicional de Gundivós (Sober) Elías de Gundivós e Figulus Olaría Tradicional da Ribeira Sacra; Mimacuir (Taboada); Mocao (Oleiros); Nobelo a Nobelo (A Estrada); Noga Arts (Teo); Obradoiro Gorín (Buño, Malpica de Bergantiños); Olería do Batán (Baños de Molgas); Riomao Estudio Creativo (A Teixeira); Senda Coiro (A Pobra de Brollón); Lumecú (Vilar de Santos) e Siliva (Abegondo).

No programa de actividades inclúense tamén tres talleres gratuítos abertos a todos os públicos, obradoiros de iniciación ao tecido con tapiz, impartido por María José Martínez e José Antonio Carrera, de Peixesapop (Vigo), un obradoiro de cerámica de torno a cargo da Asociación Galega da Cerámica e outras Artesanías (Gondomar), e mais dun obradoiro de Técnicas de cestería do que se encarga Carlos Rubio, do taller O Carabel Ecocestos (Ferrol).