Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

A Ribela acolleu o primeiro partido da SD Sarriana contra o Bergantiños CF e as sensacións foron “boas”

O equipo da SD Sarriana de Sarria celebrou na xornada do mércores, 23 de agosto, o seu primeiro partido no seu campo de fútbol, A Ribela, contra o Bergantiños CF con motivo da presentación do equipo senior de 3ª RFEF na súa tempada 2023/2024.

O Bergantiños CF, que aspira polo ascenso e volver a 2ª RFEF, ten un moi equipo e xogadores de gran nome, plasmando esa capacidade no terreo de xogo, pero o Sarriana defendeuse ben, xa que terá que enfrontarse proximamente con equipos como a VDE Somozas e o CD Lugo B no Polvorín.

Desde a SD Sarriana defenden que “o noso equipo ten moito potencial, tanto no aspecto defensivo como no aspecto ofensivo, e estamos seguros que nos vai a dar moitas alegrias ao longo da tempada”.

Así, a competicion comezará oficialmente a semana do 10 de setembro á vez que o equipo xuvenil A, que compite en liga galega, e que o martes xogou un partido amigable contra os cadetes do CD Lugo de Division de Honra. Por outra banda, o equipo dependente sub-23 de 3ª Galicia debutou o pasado sabado ante o Lemos B.

Desde a SD Sarriana defenden que “se está facendo un moi bo traballo a pesar da dificultade de xestionar tantos equipos e por conseguinte tantos xogadores, entrenadores, delegados…” e que esta tempada “estará chea de alegrías, xa que estamos seguros de que contamos co apoio de todos os socios e toda a comarca de Sarria”.