Skip to main content
O Incio

Carta de Ajuste actuará esta tarde no Incio

Por 22 Agosto, 2023Sin comentarios

Esta tarde de martes a partir das 20.00 horas a Praza de España do Incio acolle o concerto de Carta de Ajuste para o desfrute de todos os veciños e veciñas do municipio.

Carta de Ajuste é un proxecto basado no versionado de grandes éxitos da música pop-rock en español dos anos 80 e 90 en formato acústico.

Así, as persoas interesadas en participar dunha tarde festiva cos seus concidadáns poderán facelo de balde, xa que esta actividade organizada polo Concello non terá custo.