Skip to main content
O Incio

O Festival Terra Brava protagoniza dous días de música no Incio

Por 25 Agosto, 2023Agosto 28th, 2023Sin comentarios

O Festival Terra Brava do Incio terá lugar durante o día de hoxe, 25 de agosto, e o sábado, 26 de agosto, no que participarán distintos grupos musicais como Louband, Xerezade, Fillas de Cassandra, Dakidarria, Tandub e DJ Elías Viera, grupos galegos que porán en valor o traballo de grupos galegos por facerse oír nun contexto no que cada vez se aposta máis pola creación musical propia.

Ademais das actuacións musicais, o día 25, venres, organizarase un obradoiro para nenos na praza do Incio e o día 26, sábado, haberá unha sesión vermú e un xantar popular, que virá acompañado de actividades para nenos.

Os organizadores do Terra Brava contan este ano coa colaboración do Concello do Incio, da Deputación de Lugo, da Asociación As Xeitosas e da Xunta de Galicia.