Skip to main content
Láncara

Durante agosto e setembro Láncara acollerá diferentes actividades

Por 5 Agosto, 2023Agosto 7th, 2023Sin comentarios

O Concello de Láncara vén de presentar o programa de actividades para nenos e adultos durante os meses de agosto e de setembro, que inclúen espectáculos, gastronomía, cultura e moito máis.

Así, durante o mes de agosto terá lugar na parroquia de Láncara a Festa da Troita o día 11 na Pobra de San Xiao e Cedrón, o 12 será a festa da escuma na Pobra e o 13 de agosto terá lugar a Festa da Malla.

Xa o 18 de agosto terá lugar a Festa da Xuventude na Pobra de San Xiao, o 19 acudirán Os Bolechas ata Láncara e o 26 terá lugar a Festa acuática na Pobra para os máis pequenos.

Xa en setembro volverá a Festa da troita en Muro, Láncara e Armea, o primeiro día do mes; mentres que o segundo haberá outra festa acuática en Láncara. Entre o 4 e o 8 terá lugar un taller de de grafitti e Street art na Pobra de San Xiao, o 10 organízase unha excursión ás Rías Baixas e, por último, o 16 terá lugar a obra de teatro ‘Pinconús’ na Pobra de San Xiao.