Skip to main content
Láncara

O río Neira de Láncara será o escenario dun curso de piragüismo promovido por Val de Láncara

Por 9 Agosto, 2023Agosto 10th, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural Val de Láncara, da man do Concello, promove un curso de piragüismo que terá lugar entre o 16 e o 31 de agosto.

Este curso está orientado a nenos e nenas desde 3 anos pero tamén para adultos e, segundo a cantidade de persoas que se apunten á actividade, haberá máis ou menos horas de curso polas tardes.

A área recreativa Manuel Fernández Arrojo do río Neira será o escenario elixido para desenvolver estas clases de piragüismo.