Skip to main content
Láncara

A praia fluvial da Pobra de San Xiao acolle unha festa da escuma este sábado

Por 11 Agosto, 2023Agosto 13th, 2023Sin comentarios

O Concello de Láncara organiza este sábado, 12 de agosto, unha actividade refrescante e totalmente de balde para nenos e nenas do municipio na praia fluvial da Pobra de San Xiao.

A cita, que consiste nunha gran festa da escuma, comezará ás 17.00 horas e rematará sobre as 19.00 horas, dúas horas de festa na que a intención é compartir un rato divertido e refrescarse de tanta calor.

Desde o Concello recomendan que os nenos menores de 5 anos asistan á festa baixo supervisión dun adulto, que as persoas participantes leven traxe de baño e gafas, para que non lles entre xabón nos ollos, e que eviten as chanclas que non suxeiten o pé, porque poden esvararse.