Skip to main content
Láncara

O equipo de Goberno de Láncara participou da Festa da Xuventude celebrada na Pobra de San Xiao

Por 21 Agosto, 2023Agosto 22nd, 2023Sin comentarios

O equipo de Goberno de Láncara, representado polo alcalde de Láncara, Darío Antonio Piñeiro López; o tenente de alcalde, Pablo Rivera, e os concelleiros Diego Balboa Amado e Alba Sangil estiveron na festa da xuventude de Pobra de San Xiao.

Durante esta festa, veciños e veciñas de Láncara puideron desfrutar das actuacións do grupo Carta de Ajuste, do DJ Ello e da orquestra New York, eventos musicais nos que participaron os representantes da cidadanía.

Ademais da festa da xuventude, estes días tamén están a ser as festas de San Roque, que seguirán este luns cunha sesión vermú acompañada do dúo Meritxell, mentres que a orquestra A Fórmula será a actuación da verbena.