Skip to main content
Láncara

A película ‘Valentina’ será proxectada en Láncara no marco da iniciativa Cine na Rúa

Por 25 Agosto, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

Unha nova sesión de Cine na Rúa achegará aos máis pequenos  do municipio de Láncara a posibilidade de desfrutar dunha tarde distinta o vindeiro martes, 29 de agosto.

Da man da Deputación de Lugo e coa colaboración da Asociación Cultural Val de Láncara, este ciclo de cine infantil no que se proxectará a película de ‘Valentina’ terá lugar ás 21.30 horas.

O lugar que acollerá esta iniciativa será a área recreativa Manuel Fernández Arrojo, ao lado do río; porén, se chove, a actividade trasladara ao antiguo edificio do Concello, en Carracedo.