Skip to main content
Láncara

Volve a Festa da Troita a Láncara o vindeiro 1 de setembro

Por 27 Agosto, 2023Agosto 30th, 2023Sin comentarios

A Área de Cultura do Concello de Láncara organiza, un ano máis, a Festa da Troita este vindeiro venres, 1 de setembro, en diversos locais hostaleiros de Láncara, Muro e Armea.

Así, as persoas interesadas en participar desta festa gastronómica cunha gran tradición que a precede, poderán facelo acudindo aos establecementos Taberna de Muro, Taberna de Armea, Casa Benita e Casa Enriqueta.

Os veciños e veciñas de Láncara poderán degustar de maneira gratuíta este produto típico do municipio que é pescado no río Neira que baña Láncara.