Skip to main content
Láncara

As Festas de Láncara incluirán as actuacións de diversas orquestras

Por 28 Agosto, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

As grandes Festas de Láncara terá lugar a partir deste venres, 1 de setembro, comezando coa Festa da Troita organizada polo Concello de Láncara, e estenderanse ata o luns, 4 de setembro.

Estas festas, na honra á Virxe do Carme, incluirán varias actividades durante o sábado 2, o domingo 3, e o luns 4. Así, o sábado ás 23.00 horas haberá unha queimada popular amenizada coa verbena co Dúo Meritxell.

Xa o domingo, 3 de setembro, comezará a xornada coa misa solemne e a sesión vermý a cargo da orquestra La Travesía. Ás 19.30 horas será a sesión de tarde con La Travesía e ás 22.30 horas a verbena estará amenizada polas orquestras La Travesía e Tango.

Por último, o luns 4 de setembro comezará ás 13.00 horas coa misa solemne e a misa vermú coa orquestra Pontevedra e xa pola noite haberá festa e verbena coas orquestras Pontevedra e Punto Clave.