Skip to main content
Paradela

As parroquias de Paradela polas que pasa o Camiño de Santiago están sendo sinalizadas

Por 30 Agosto, 2023Agosto 31st, 2023Sin comentarios

O Concello de Paradela está a facer traballos de sinalización das parroquias e lugares por onde pasa o Camiño de Santiago co fin de mellorar o trásnito de peregrinos polo municipio.

Estas accións están sendo levadas a cabo grazas a unha axuda da Xunta de Galicia de 15.000 euros cos que poderanse pór os nomes dos distintos lugares por onde pasa o Camiño de Santiago para que os turistas coñezan diferentes sitios de Paradela á par que van ben sinalizados para seguir de forma harmoniosa o seu percorrido.

Xa foron sinalizadas as parroquias de A Parrocha, A Pena, Vilachá, Ferreiros, As Rozas, Moimentos, Marcadoiro e Moutras; pero aínda quedan outras por sinalizar que se farán durante os vindeiros días.