Skip to main content
Sarria

A Ruta das Aceas de Sarria conta cunha nova cara despois dos traballos de desbroce e limpeza

Por 11 Agosto, 2023Sin comentarios

Os operarios da brigada municipal de Sarria acometeron tarefas de desbroce, limpeza e acondicionamento de diferentes elementos de madeira na Ruta das Aceas para que este itinerario estea nunhas condicións óptimas durante o verán.

Así, os veciños e veciñas, así como os turistas, poderán achegarse a percorrer os preto de seis quilómetros ao carón do río Sarria que inclúe esta ruta de sendeirismo que está preto do centro da vila.

Este traballos encádranse nas actuacións do goberno local para mellorar as diferentes zonas de Sarria co fin de mellorar a vida dos seus habitantes e das xentes que a visitan.