Skip to main content
Sarria

Un mercado solidario para recadar fondos para os animais terá lugar o vindeiro 19 de agosto

Por 11 Agosto, 2023Agosto 13th, 2023Sin comentarios

O vindeiro sábado, 19 de agosto, terá lugar un mercado solidario promovido pola Asociación por la Protección Animal Huellas de Sarria co fin de recadar fondos para os animais.

Neste mercado, que estará exposto na explanada do antigo ambulatorio de Sarria, na Rúa Liberdade, de 12.00 a 20.00 horas, haberá roupa, obxectos vintage, artesanía e música.

Ademais, as entidades organizadoras, que son AGAE (Asociación Galega de Adopción de Exóticos), Michos de Lugo e Asociación Mau Lemos, tamén recollerán pienso, comida húmeda, chuches, heno, correas e area.