Skip to main content
Sarria

A Pretorian Race Kids foi a antesala da Pretorian Race Sarria Extreme que terá lugar en outubro

Por 14 Agosto, 2023Sin comentarios

Os nenos e nenas do campamento “Aventuras no Camiño 2023” participaron na primeira ‘Pretorian Race Kids’ do Concello de Sarria, na que tiveron que superar diferentes obstáculos da man dos seus monitores.

Despois da boa acollida que tivo esta actividade, na que os nenos e nenas desfrutaron dunha xornada de actividades lúdicas e deportivas ao sol, o Concello de Sarria anuncia que está aberto o prazo de inscrición para a carreira “Pretorian Race Sarria Xtreme”, que se disputará o día 15 de outubro.

Neste caso, será unha carreira para persoas adultos na que os participantes terán que superar trinta e cinco obstáculos, que poñerán a proba a súa forza, habilidade e resistencia.