Skip to main content
Sarria

A Oficina de Turismo de Sarria acollerá a exposición ‘Os Camiños de Elías Valiña’ ata o 31 de agosto

Por 15 Agosto, 2023Agosto 16th, 2023Sin comentarios

A exposición “Os Camiños de Elías Valiña” será inaugurada na Oficina de Turismo de Sarria, que é a antiga prisión preventiva, este xoves ás 12.30 horas, e poderá visitarse ata o 31 de agosto en horario de 11.00 a 17.00 horas.

O acto inaugural contará coa presenza do comisario e os organizadores da exposición, de representantes da familia Valiña e de membros da Corporación Municipal de Sarria, Concello natal de Elías Valiña, no que se organizará unha visita guiada e unha presentación dun cartafol de postais con imaxes inéditas do crego do Cebreiro.

Esta mostra expositiva multimedia representa os Camiños de Santiago a través da ollada de Elías Valiña, o pioneira da ruta xacobea, nun diálogo entre pasado, presente e futuro.