Skip to main content
Sarria

O ‘Outlet de verán’ da ACES chega a Sarria este venres e sábado

Por 17 Agosto, 2023Agosto 18th, 2023Sin comentarios

Este venres e sábado, 18 e 19 de agosto, terá lugar a décima edición do ‘Outlet de verán’ do comercio de Sarria, organizado desde o Centro Comercial Urbano de Sarria – ACES.

Durante eses dous días, os establecementos participantes ofrecerán grandes descontos co obxectivo de dar saída aos stocks de anos anteriores e ao produto excedente da tempada de verán.

Así, as ofertas abarcarán todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos locais adheridos a esta iniciativa, como calzado, roupa, roupa infantil, agasallos, complementos, fogar… unha ampla variedade de produtos que poderán adquirir os clientes a un bo prezo.

Esta décima edición conta coa participación de 25 establecementos: Atmosfera Sport, Barja Shoes, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Colorín Colorado, Cris Abad, Dimar Moda, Duet moda, Isabel Moda, Joyería Díaz, Juguetería 123 Escondite Inglés, Lar de Menchu, Latas pinturas y hogar, Los sueños de Uxía, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Micsport Sarria, Moncho Moda, Sabrina Moda, Senayo,TreceTablas, Ultreia, Vilamey complementos e Zaida. 

Todos eles contaráncun distintivo nos seus escaparate e cunha zona ‘Outlet’, onde os clientes poderán beneficiarse dos produtos a prezo de saldo e así fomentar o mercado local sarriao, ao que os organizadores dela convidan a participar.