Skip to main content
Sarria

Así foi o primeiro día do Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria

Por 18 Agosto, 2023Agosto 19th, 2023Sin comentarios

A XVIII edición do Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria ‘Maxia no Camiño’comezou este xoves da man de diferentes artistas internacionais.

Unha das máis multitudinarias foi a de Edu el Mago, que levou a cabo un espectáculo infantil no Paseo do Malecón, onde nenos e nenas desfrutaron da súa maxia; aínda que tamén actuaron Judith Trillirí, o Mago Pollo, Magaldara, Raul Camaguey, Golden Magic, Samuel Pons, Mago Joel de Cuba, Román García, Mago Iago, Dania Díaz, Yao Xinge e José Rivera.

Durante os vindeiros días, a ciudadanía sarriá poderá desfrutar de diversas actuacións, que culminarán o domingo ás dez e media da noite coa gran gala final na Praza da Vila, presentada polo organizador deste evento, Roberto Lolo