Skip to main content
Sarria

Os nenos e nenas do campamento ‘Aventura no Camiño’ de Sarria seguen facendo excursións

Os nenos e nenas do campamento ‘Aventura no Camiño’ de Sarria visitaron as instalacións de Fontecelta para coñecer todo o proceso de elaboración das botellas de auga que logo son distribuídas aos diferentes supermercados.

Así, os máis de 150 cativos, acompañados polos monitores Noelia, Natalia e Gaspar; así como o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, e o concelleiro de Deportes, Félix Seijas, percorreron a planta para coñecer os diferentes pasos do proceso de embotellado.

Esta é unha das actividades que se veñen organizando este verán no marco dos campamentos para que os cidadáns máis pequenos da vila desfruten de excursións e saídas diferentes nas que aprender cousas novas.