Skip to main content
Sarria

Luar na Lubre fixo que centos de persoas desfrutaran da Noite Meiga en Sarria

Por 26 Agosto, 2023Agosto 27th, 2023Sin comentarios

Centos de persoas acudiron esta pasada noite de 25 de agosto ata o campo do río para comezar, ás 21.00 horas, a andaina que os levou ata o Chanto, onde tivo lugar a actuación do grupo Luar na Lubre.

Desde a Asociación Cultural Meigas e Trasgos, organizadora cada ano desta iniciativa, destacan que foi todo un éxito no que as persoas que se achegaron participaron dunha noite de tradición, lume e festa. Así, dixeron que a andaina foi “exitosa” e o concerto de Luar na Lubre “espectacular”.

Este sábado e domingo seguirán as actividades no marco da Noite Meiga, comezando esta tarde cun pasacalles desde Os Catro Camiños e Boulevard ata o Lar Social e ás 19.30 horas recibiranse ás autoridades para dar o pregón ás 20.00 horas.

Despois, ás 21.00 horas terá lugar a tradicional actuación de Meigas e Trasgos xunto coa Asociación Cultural Castro Floxo  de Ourense e ás 22.00 horas terá lugar a Cea da Noite Meiga co remate con queimada. Xa ás 1.00 horas celebrarase a Danza da Noite Meiga e, por último, ás 1.30 horas terá lugar o concerto de Louband Street.

Xa o domingo 27 de agosto ás 14.00 horas terá lugar a Festa da Empanada e ás 18.00 horas será a actuación infantil de Pablísimo.