Skip to main content
Triacastela

A Casa Niño Entrepeques de Triacastela abre o prazo de inscrición para o vindeiro curso

Por 10 Agosto, 2023Sin comentarios

A Casa Niño Entrepeques de Triacastela anunciou a apertura do prazo de inscrición para o curso escolar 2023-2024, unha inscrición que permanecerá aberta ata o 20 de agosto.

A entidade, que presta un servizo gratuito de atención á infancia de 0 a 3 anos de idade no Concello de Triacastela subvencionado pola Xunta de Galicia e FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), oferta dúas prazas para o próximo curso.

Os interesados poden facer a reserva de praza ou solicitar máis información no teléfono 680 948 459 ou mediante as súas redes sociais.