Skip to main content
Triacastela

Triacastela acolle a visita da Ciencieneta o vindeiro 27 de agosto

Por 22 Agosto, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

A Ciencieneta estará en Triacastela o vindeiro 27 de agosto a partir das 19.00 horas na praza da Deputación para que nenos e nenas pasen unha xornada lúdica aprendendo sobre ciencia.

Esta actividade gratuíta inclúe obradoiros, shows e música cos que os nenos e nenas, pero tamén os adultos que os acompañen poidan desfrutar da ciencia dunha forma amena e divertida.

A Ciencieneta é un proxecto de divulgación científica itinerante que leva aos diferentes concellos a ciencia nunha furgoneta, con retos científicos e un gran espectáculo científico de gran formato.