Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

As Pontes acolle unha sesión de balonmán feminino de máximo nivel

Por 6 Agosto, 2023Sin comentarios

O vindeiro martes día 8 de agosto, ás 20:00 horas, os afeccionados/as ao Balonmán da comarca do Eume e Ferrolterra poderán desfrutar do mellor balonmán feminino no concello das Pontes, que acollerá o encontro de preparación de pretempada entre o Rubensa Conservas Orbe Balonmán Porriño e o Motive.Co Gijón Balonmano La Calzada, ambos equipos pertencentes á maxima categoría do Balonmán Nacional.

O encontro entre os dous equipos da Liga Guerreras Iberdrola servirá de punto de partida cara ao inicio da tempada 23-24 que dará comezo a fin de semana do 3 de setembro.

O encontro está encadrado dentro do proxecto de promoción do balonmán que a Federación Galega de Balonmán ten previsto na comarcas do Eume e Ferrolterra; ao igual que a Copa 5×5 de Balonmán na Rúa Deputación da Coruña que se celebrou no mes de maio nos concellos de Pontedeume e Ferrol.

Bruno López, presidente da Federación Galega de Balonmán destacou: “o Concello das Pontes nos deu todas as facilidades para dispor das súas instalacións e prestou toda a colaboración necesaria poder ofrecer aos afeccionados e afeccionadas da zona este encontro de balonmán feminino do máximo nivel, e de xeito gratuíto; é de agradecer a boa acollida desta iniciativa por parte da concellería de deportes; ogallá supoña a primeira de moitas actividades que levemos a cabo nas Pontes”.

A entrada será gratuita e as portas abriranse as 19:15 horas.