Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

As Pontes acollerá a primeira edición da Supercopa FGA de Karting

Por 27 Agosto, 2023Decembro 15th, 2023Sin comentarios

O circuíto das Pontes acollerá a primeira edición da Supercopa FGA de Karting, que marcará o fin de festa para a tempada 2023 do karting galego durante os días 8,9 e 10 de decembro.

A cita, enfocada ás probas puntuables para o Campionato de Galicia de Karting, terá unha novidade, unha nova categoría, KzR, que nace para acoller a todos os pilotos e copilotos de rally ou outras especialidades do automobilismo que estiveran en activo nalgunha das últimas tres tempadas (e que dispoñan da correspondente licencia autonómica da FGA en vigor na tempada 2023 e as das federacións con convenio de licencias) e queiran participar na proba dentro das modalidades Kz e Kz2. Sen dúbida a categoría será un dos grandes atractivos da proba.

Outra delas será a posibilidade de participar pilotos que non teñan licencia federativa en vigor para poder probar nunha competición, previa solicitude á FGA do seguro correspondente e como medida excepcional por ser unha proba non competitiva e un fin de festa do karting galego, con todas as esixencias técnicas e deportivas dunha proba do certame autonómico, todo co aval da FGA.

A especialidade de karting reviviu con forza en Galicia neste 2023, proba diso foi a inscripción de máis de 70 pilotos na primeira data do calendario.

A segunda proba do Campionato Galego terá lugar en Outeiro de Rei, os días 23 e 24 de setembro. Ademáis, recórdase tamén que o circuíto das Pontes permanecerá aberto para adestramentos de Karting con tandas organizadas o 9/10 de setembro, o 30/1 de outubro, o 25/26 de novembro e o 2/3 de decembro.