Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

Volve a Ruta BTT Terras do Eume o 17 de setembro ás Pontes

Por 28 Agosto, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

As Pontes acollerá o domingo 17 unha nova edición da Ruta BTT Terras do Eume, a VIII, que terá a saída diante do Concello ás 09:00 horas.

Haberá tres rutas diferentes para todos os públicos, un roteiro curto dun 25 km con 650 metros de desnivel acumulado, un roteiro intermedio de aproximadamente 44 km cuns 900 metros de desnivel e un terceiro trazado longo duns 48 km cuns 1.100 metros de desnivel acumulado.

As inscricións  pecharán o mércores 13 de setembro ou no momento no que se chegue ao número máximos de participantes, que este ano é de 300, que volve a crecer polo gran número de solicitudes rexistradas en anos anteriores.

Haberá este ano 4 puntos de avituallamento con comida e líquidos con chegada ao final do roteiro ao local do Polbo no parque da Fraga.

Na chegada, os participantes poderán ir comendo (un tentempé e bebida) por orde de entrada para axilizar a volta a casa e evitar aglomeracións. As duchas estarám na piscina Municipal, situada na rúa Sergio Rivera Chao.

O importe da inscrición a deportistas federados é de 17 euros e inclúe tentempé e bebida á chegada.